Licenciado en Enxeñería Forestal pola USC, con Máster en RSE (USC) e Máster en Profesorado pola Universidade Alfonso X. Actualmente, desempeña o cargo de Responsable de Medio Ambiente e Sostibilidade na Asociación de Empresas de Inserción de Galicia (AEIGA). Conta cunha ampla experiencia profesional no ámbito da Pegada de Carbono, Axenda 2030, ESG, Xestión Ambiental e Responsabilidade Social Empresarial (RSE), acumulando máis de 10 anos de traxectoria en sostibilidade. Ademais, é formador en áreas como a creación de Empresas de Inserción, medio ambiente, xestión de residuos e RSE.